Unha nación, unha selección
Terra Galega e as Mocidades de TEGA agradecen a súa participación a todos os xogadores e xogadoras que representaron a Galicia cos seus respectivos combinados e piden ademais a oficialización a nivel internacional da selección galega en todos os deportes. Dende Terra Galega e a súa organización xuvenil queremos congratularnos da consolidación que, co paso do tempo, están a ter as seleccións galegas deportivas que empezaron a súa andaina hai xusto tres anos. Queremos, da mesma maneira, dar as grazas a todos aqueles xogadores e xogadoras que acudiron ás convocatorias e que, en moitos casos, tiveron que realizar desprazamentos de centos de quilómetros para defender as cores das nosas seleccións de fútbol, tanto na categoría masculina como na feminina.
O protagonista do día 27 foi o fútbol, pero sería inxusto esquecer a participación durante estes últimos anos dos xogadores e xogadoras das seleccións galegas de baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol-praia e tantos outros deportes que, coa súa presenza, fan que cada día Galicia sexa máis país. Porque as seleccións deportivas galegas son, como tantas outras cousas, unha expresión da nosa identidade como nación.
Do mesmo xeito dende as filas tegás lamentamos e condenamos profundamente os altercados acontecidos entre un grupo de seareiros e as forzas da orde momentos antes da celebración partido. Aínda que eses incidentes non foron capaces de empañar a festa anual do fútbol galego consideramos deplorables ditos altercados tendo ademais a esperanza de que nunca máis se volvan producir.
Finalmente, dende Terra Galega queremos, tamén, manifestar o noso apoio ao carácter oficial das nosas seleccións deportivas, cousa que vemos como un dereito irrenunciable a exercer; se Galicia é unha nación, ten dereito a participar nas competicións deportivas internacionais ao máis alto nivel da mesma maneira que o fan outras nacións europeas sen Estado como Escocia ou as Illas Feroe. Esiximos, pois, o recoñecemento por parte dos organismos deportivos internacionais de Galicia como suxeito de participación nas súas competicións oficiais.
Mocidades de TEGA pide á Xunta que implante no campus de Esteiro un viveiro de empresas para estudantes universitarios
As Mocidades de Terra Galega e a Agrupación Comarcal de Terra Galega de Trasancos solicita ás consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Innovación e Industria a creación dun viveiro de empresas para os estudantes universitarios dos campus ferroláns de Esteiro e Serantes. +máis A xustiza dalle a razón ao sector maioritario de Terra Galega
O xulgado de primeira instancia número 3 de Compostela ven de dar a razón ao sector teguista liderado por Xoán Gato que denunciara ante este a ilegalidade do congreso celebrado por Xermán Tobío e Pablo Padín o pasado mes de xullo. No auto xudicial suspéndese dito congreso e as decisións alí tomadas, polo que a Dirección Nacional válida volve ser a anterior a da celebración do malogrado congreso e Xoán Gato continúa a ser o Coordinador Xeral do partido. +máis... A titular deste xulgado, despois de analizar a denuncia feita polo grupo de Xoán Gato e de escoitar a ambas partes acordou aceptar as medidas cautelares solicitadas pola maioría do partido. Así, acordou a “anotación preventiva de demanda no Rexistro de Partidos Políticos do Ministerio do Interior”, así como “a suspensión dos acordos adoptados no consello político do 3 de xuño e do congreso do partido do 12 de xullo de 2008”, mandando remitir estes acordos ao Rexistro de Partidos Políticos para que tome conta deles. No auto a maxistrada fundamenta a súa decisión no incumprimento por parte dos convocantes do congreso tanto dos estatutos como da Lei de Partidos políticos, non respectando así os máis elementais principios democráticos tal como viña recollido na demanda presentada polo abogado José Balado en representación do grupo liderado por Xoán Gato.
Na roda de prensa desta mañá en Santiago, Xoán Gato, falando novamente como Coordinador Xeral de Terra Galega e representante legaL do partido segundo recoñece o auto xudicial, asegurou que daba por pechado este incidente e que a Dirección Nacional legalmente constituída, é dicir, a anterior ao malogrado congreso, se porá a traballar dende hoxe para normalizar a situación do partido así como para prepararse de cara aos próximos comicios autonómicos. En relación ao sector disidente e minoritario liderado por Pablo Padín sinalou que logo do intento fallido de secuestro do partido é o momento da “unidade” e que “tenderán a man a todos os que a partir de agora estean dispostos a traballar de boa fe”, sentenciando que quen non a teña “encontraranos de fronte e preparados”; “é o tempo dos bos e xenerosos” afirmou animando á xente a traballar coa ollada posta nas próximas eleccións autonómicas.
En dita roda de prensa o Coordinador Xeral, Xoán Gato, estivo acompañado por Guillermo Sánchez Fojo, vicecoordinador de Terra Galega, o avogado Xosé López Balado, os concelleiros teguistas de Fisterra e A Guarda, Xan García Pouso e Celso Fariñas, e o coordinador provincial de Lugo, Anxo Rodríguez.
17 de Agosto, Día da Galiza Mártir
“Traballando por unha Galicia libre”Un ano máis as Mocidades de Terra Galega sumámonos á homenaxe que cada 17 de agosto os nacionalistas e toda a xente de ben do noso país lle renden a aqueles que nos precederon na defensa desta vella Nación e pagaron coa súa vida a incomprensión dos “imbéciles, escuros” que non entenden o que significa amar a nosa Terra. O 17 de agosto é o día dos “bos e xenerosos”, é o día dos homes e mulleres que fan grande un país, é o día dos demócratas, dos que non están dispostos a deixarse mangonear por posicións autoritarias, é o día dos que soñaron unha Galicia gobernada por si mesma e loitaron ata as últimas consecuencias para que isto fose posible.Os mozos e mozas nacionalistas vemos en Alexandre Bóveda un modelo de entrega polo país; un home aberto, tolerante, cun espírito libre que o levou dende moi novo a participar no nacionalismo progresista, liberal e democrático que representaba o Partido Galeguista de Castelao. Foi un home que coma nós cría nunha Galicia nova, libre de caciques, na Galicia do progreso, nun pobo galego capaz de rachar coas ataduras dun pasado de submisión e saír adiante por si mesmo. Todo isto era o que estorbaba aos seus verdugos, todo isto fixo que aquel 17 de agosto de 1936 Alexandre caese morto na Caeira. Máis a súa morte nin a de tantos outros foron en balde pois, á fin, o efecto que agardaban os verdugos tornouse contrario e as súas ideas lonxe de morreren ficaron asentadas nos corazóns de moitos galegos e galegas e chegaron ata nós.
Agora somos nós, os mozos e mozas galegos, os encargados de proxectar esas ideas de cara un futuro no que Galicia vexa realizado á fin o soño daqueles que caeron berrando liberdade, o soño dunha Nación Galega libre, gobernada por si mesma, que dunha vez para sempre rache cos complexos que no pasado a levaron a ser submisa a un poder Estatal que ollaba para ela con desprezo. Unha Galicia libre tamén dos seus propios inimigos internos, deses “imbéciles, escuros” de hoxe que non queren que saia do atraso, libre dos vellos caciques disfrazados de galeguistas,libre dos novos caciques disfrazados de progresía, libre tamén dos que se din seus defensores e pasan do “Galiza ceibe” ao “si señor ministro” sen poñerse colorados e a cambio de non se sabe que.
As Mocidades de Terra Galega seguimos e seguiremos a traballar para que un día esta Galicia, a nosa Galicia, sexa a de todos os galegos e galegas. Porque así o quixeron eles, así o necesitamos nós e así o merece Galicia.
NOVA PÁXINA WEB DE TERRA GALEGA
A todos os afiliados, militantes, simpatizantes e representantes de Terra Galega:
Pasados uns días do simulacro de congreso organizado polos señores Padín e Tobío, no que lograron xuntar a "espectacular" cifra de 30 persoas, (difícil de crer pero certo), desde o sector maioritario de TEGA, é dicir, o liderado por XOÁN GATO, Manuel Andrade, Anxo Rodríguez, Xosé Luís Varcálcel, Xosé Márquez, Xan García Pouso (entre outros líderes territoriais) e que aglutina:
- Ao 100% dos alcaldes de Terra Galega e ao 80% dos tenentes de alcalde.
- Ao 100% dos alcaldes de Terra Galega e ao 80% dos tenentes de alcalde.
- A máis do 90% das agrupacións locais.
- Ao 100% das agrupacións comarcais e provinciais.
- A máis do 87% dos votos logrados por TEGA.
- E as Mocidades do partido.
VOS INFORMAMOS DA CREACIÓN DA PÁXINA WEB DO SECTOR MAIORITARIO DO PARTIDO, e que ten o seguinte enderezo electrónico:
www.terra-galega.org
A anterior páxina web foi borrada por Padín e Tobío un día despois do pseudocongreso convocado por eles. A intención deste ataque tiña un obxectivo moi claro: silenciarnos e taparnos a boca para non poder denunciar o que están intentando levar a cabo dende hai tempo (o roubo e posterior venda de Terra Galega ao mellor postor, empregando para iso un cúmulo infinito de artimañas ilegais) e, borrando, de paso, máis de 400 noticias que estaban publicadas na web anterior, boa parte do traballo e da memoria de Terra Galega dos últimos dous anos (se ve que non lles interesaba moito que a xente se enterase de qué persoas realmente traballan neste partido e qué persoas están comprometidas de verdade con este proxecto).
Debido a que nos vimos obrigados a crear unha nova páxina web, aproveitamos para realizar algúns cambios:
- un novo deseño máis claro e lexible.
- seccións para dar cabida as noticias de carácter local e comarcal.
- unha nova sección multimedia (TEGA-TV) onde publicaremos videos que teñan que ver coa nosa formación.
Como aínda estamos recuperando as noticias "borradas" vos pedimos un pouco de comprensión. Segundo avancen os días iremos completando e recuperando as noticias que faltan(aínda que algúns lles amole) e acompañando as que xa están metidas con imaxes.
Vos rogamos a vosa colaboración da seguinte maneira:
- dando a coñecer o novo enderezo da páxina web do partido http://www.terra-galega.org/ reeenviando este email a outros afiliados simaptizantes de TEGA que coñezadas ou ben polo boca a boca ou mesmo nos foros de internet.
- E as Mocidades do partido.
VOS INFORMAMOS DA CREACIÓN DA PÁXINA WEB DO SECTOR MAIORITARIO DO PARTIDO, e que ten o seguinte enderezo electrónico:
www.terra-galega.org
A anterior páxina web foi borrada por Padín e Tobío un día despois do pseudocongreso convocado por eles. A intención deste ataque tiña un obxectivo moi claro: silenciarnos e taparnos a boca para non poder denunciar o que están intentando levar a cabo dende hai tempo (o roubo e posterior venda de Terra Galega ao mellor postor, empregando para iso un cúmulo infinito de artimañas ilegais) e, borrando, de paso, máis de 400 noticias que estaban publicadas na web anterior, boa parte do traballo e da memoria de Terra Galega dos últimos dous anos (se ve que non lles interesaba moito que a xente se enterase de qué persoas realmente traballan neste partido e qué persoas están comprometidas de verdade con este proxecto).
Debido a que nos vimos obrigados a crear unha nova páxina web, aproveitamos para realizar algúns cambios:
- un novo deseño máis claro e lexible.
- seccións para dar cabida as noticias de carácter local e comarcal.
- unha nova sección multimedia (TEGA-TV) onde publicaremos videos que teñan que ver coa nosa formación.
Como aínda estamos recuperando as noticias "borradas" vos pedimos un pouco de comprensión. Segundo avancen os días iremos completando e recuperando as noticias que faltan(aínda que algúns lles amole) e acompañando as que xa están metidas con imaxes.
Vos rogamos a vosa colaboración da seguinte maneira:
- dando a coñecer o novo enderezo da páxina web do partido http://www.terra-galega.org/ reeenviando este email a outros afiliados simaptizantes de TEGA que coñezadas ou ben polo boca a boca ou mesmo nos foros de internet.
- mándándonos as noticias que vaiades xenerando desde as vosas agrupacións locais (se van acompañadas de imaxes e vídeos aínda mellor).
- os que teñades unha web local propia, cambiando o enlace do partido de terragalega.es polo novo enderezo http://www.terra-galega.org/.
- enviándonos artigos de opinión ou informes sectoriais elaborados por vós para publicar na sección de Opinión.
- enviándonos as vosas suxerencias.
O novo correo onde podedes contactar connosco ou enviarnos información é o seguinte:
redaccion@terra-galega.org
Recibe un cordial saúdo,
Equipo web de Terra Galega
Subscrever:
Mensagens (Atom)
